Unha muller embarazada, ferida nun accidente de tráfico en Cerceda

Por o 12/01/2018 | Sección: Sucesos
Unha muller embarazada, ferida nun accidente de tráfico en Cerceda

Unha muller embarazada resultou ferida esta tarde ao saírse da vía o turismo no que viaxaba en Cerceda. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o coche implicado no accidente caeu por unha ponte duns tres metros de altura ao río.

O sinistro tivo lugar na AC-409,  concretamente no punto quilométrico 10, ao fío das 15:45 horas. Foi a esa hora cando un particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do ocorrido.

Decontado, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasábase o aviso á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil, ao servizo de mantemento da estrada, ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Ordes.

Finalmente, a muller embarazada foi trasladada ata un centro hospitalario.

Coche envorcado
Por outra banda, en Riotorto, unha persoa tivo que ser trasladada ata o hospital de referencia ao envorcar o turismo no que circulaba. O sinistro produciuse na parroquia de A Muxueira, ás 17:20 horas.

Nese momento un particular alertaba do accidente ao 112 Galicia. Indicaba no seu relato que podería haber unha persoa atrapada no interior do coche accidentado.

Con estes datos, o persoal do CIAE informou do sinistro ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal da Pontenova.

Unha vez no  lugar dos feitos, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento descartaron utilizar o material de excarceración, xa que a persoa ferida atopábase accesible.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.