Unha muller, evacuada con síntomas de intoxicación por inhalación de gases en Cerdedo-Cotobade

Por o 29/03/2018 | Sección: Sucesos
Unha muller, evacuada con síntomas de intoxicación por inhalación de gases en Cerdedo-Cotobade
Compartir en:

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta mañá a unha muller que resultou intoxicada a causa dunha posible fuga de gas dun quentador de auga.

Sucedeu minutos antes das nove desta mañá nunha vivenda situada no lugar de A Chan, no Concello de Cerdedo-Cotobade.

Ata alí desprazouse un equipo do 061-Urxencias Sanitarias para atender a unha muller con síntomas que facían sospeitar dunha intoxicación por inhalación de monóxido de carbono. De feito, á chegada da ambulancia activouse o detector instalado no vehículo.

Ademais, desde o 112 Galicia, avisouse aos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Ribadumia, que sinalaron a necesidade de que a instalación fose revisada polos técnicos da empresa subministradora do gas co fin de subsanar unha posible avaría nun quentador de auga.