Unha muller, evacuada tras detectarse unha fuga de gas na súa vivenda

Por o 14/10/2018 | Sección: Sucesos
Unha muller, evacuada tras detectarse unha fuga de gas na súa vivenda
Compartir en:

Os servizos sanitarios de urxencia evacuaron esta madrugada a unha muller afectada por unha acumulación de gas no interior da súa vivenda.

Ocorreu preto das dúas da mañá nun domicilio situado na Rúa do Campo do Forno, en Santiago.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, un equipo médico desprazouse ao lugar para atender á muller cando os dispositivos da ambulancia detectaron unha posible fuga de gas. Para comprobalo, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos bombeiros da cidade que, tras realizar as correspondentes medicións, constataron unha alta concentración de gas no interior do domicilio.

Comentar noticia

Your email address will not be published.