Unha muller falece en Dumbría nunha colisión entre dous turismos

Publicado por o día 16/11/2019 na sección de Sucesos

Unha muller perdeu a vida nunha colisión na que se viron implicados dous coches esta mañá en Dumbría.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a vítima mortal tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Cee ao quedar atrapada no interior dun dos turismos accidentados. Ademais, houbo outra persoa ferida neste accidente que foi trasladada nunha ambulancia a un centro hospitalario.

O sinistro produciuse no punto quilométrico 83 da AC-552, en sentido Fisterra, uns minutos antes das 10:40 horas.

Foi unha persoa particular quen deu conta do accidente ao 112 Galicia. Nada máis ter constancia, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado ata o lugar do sinistro. Ademais, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Cee, da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil de Dumbría e do servizo de mantemento da estrada.