Unha muller falece tras precipitarse dun sétimo piso en Santiago

Publicado por o día 06/02/2020 na sección de Galicia,Santiago,Sucesos

Unha muller falece tras precipitarse dun sétimo piso en Santiago

Unha muller perdeu a vida a pasada tarde despois de precipitarse do sétimo andar dunha vivenda da Avenida de Bilbao, no concello de Santiago.

Foi a chamada de alerta dunha persoa particular ao 112 Galicia quen, ao fío das sete da tarde de onte, permitiu activar un operativo formado polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Policía Nacional e Local, que tratan de esclarecer as circunstancias do ocorrido.