Unha muller faleceu na Estrada posiblemente a causa dun incendio producido durante a noite

Publicado por o día 07/04/2019 na sección de Sucesos

Unha muller faleceu na Estrada posiblemente a causa dun incendio producido durante a noite

Unha veciña da Estrada apareceu falecida na súa casa, probablemente a causa dun incendio producido durante a noite.

Os servizos de emerxencias atoparon a cociña calcinada, pero sen puntos de calor, o que fai sospeitar que o incendio orixinouse pola noite e apagouse só.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o corpo sen vida da muller foi localizado ao fío das tres desta tarde no interior do domicilio situado no lugar de Ramiráns. Alí acudiron os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que só puideron confirmar o falecemento da muller, e os membros do GES da Estrada para comprobar que a vitrocerámica e algún moble do arredor estaban calcinados, pero sen puntos de calor. Por iso, consideran que o incendio puido producirse hai horas e apagouse só. Posiblemente, o intenso fume chegou a afectar á única ocupante da vivenda que foi localizada sen vida.

Pola súa banda, os axentes da Garda Civil desprazáronse ao lugar do accidente co fin de aclarar os feitos.