Unha muller ferida ao caer o coche no que circulaba á vía férrea en Redondela

Publicado por o d√≠a 28/05/2020 na sección de Galicia,Redondela,Sucesos

Unha muller ferida ao caer o coche no que circulaba á vía férrea en Redondela

Unha muller resultou ferida despois de que o coche no que viaxaba caese á vía de trens na parroquia de Cesantes, en Redondela.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o turismo rematou apoiado sobre as catro rodas na li√Īa f√©rrea e os servizos de emerxencia desprazados puideron liberar √° muller a trav√©s da porta do maleteiro do veh√≠culo. Unha vez f√≥ra do turismo accidentado, a v√≠tima foi trasladada polos servizos sanitarios.

Foi unha persoa particular quen alertou do sinistro ao 112 Galicia, ao fío das 7:35 horas. Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico, ao Servizo de Emerxencias e Extinción de Incendios de Redondela, aos Bombeiros do Morrazo e de Vigo e a Protección Civil.

Arestora, a forzas da orde xestionan a retirada do vehículo das vías.

Colisi√≥n m√ļltiple

Por outra banda, en Mi√Īo, unha colisi√≥n entre tres coches saldouse cun home ferido, que foi trasladado a un centro m√©dico.

O accidente tivo lugar na estrada que une Mi√Īo e Pontedeume, nas proximidades da praia Grande de Mi√Īo.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta do accidente √°s 20:10 horas. A partir de a√≠, desde o CIAE 112 Galicia p√ļxose a situaci√≥n en co√Īecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Polic√≠a Local, da Garda Civil de Tr√°fico, de Protecci√≥n Civil e dos Bombeiros de Betanzos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.