Unha muller ferida de consideración ao bater con outro vehículo e saírse da vía en Abegondo

Publicado por o d√≠a 16/11/2019 na sección de Sucesos

Unha muller ferida de consideración ao bater con outro vehículo e saírse da vía en Abegondo

Unha muller precisou asistencia médica a pasada tarde despois de que o coche no que circulaba batese contra outro e rematase fóra da vía en Abegondo.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a muller ferida tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Betanzos, ao quedar atrapada no interior do coche accidentado, para ser trasladada a un centro médico.

O sinistro produciuse no punto quilom√©trico 571 da A-6, en sentido A Coru√Īa, ao redor das 19:20 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do ocorrido.

Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron os feitos en co√Īecemento dos Bombeiros de Betanzos, da Polic√≠a Local, de Urxencias Sanitarias de Galicia e da Garda Civil de Tr√°fico.

Comentar noticia

Your email address will not be published.