Unha muller, ferida grave tras ceder o piso da súa vivenda no Corgo

Publicado por o día 03/10/2018 na sección de Sucesos

Unha muller, ferida grave tras ceder o piso da súa vivenda no Corgo

Unha muller resultou ferida de gravidade tras ceder o piso da súa vivenda e caer á planta inferior.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse pouco antes das nove da noite de onte nunha casa situada no Lugar de Campelo, no Corgo. Debido ás dificultades para acceder á muller, que estaba entre o entullo, o 112 Galicia informou aos Bombeiros de Sarria para colaborar cos profesionais sanitarios na asistencia á ferida.

Sen embargo, o equipo do 061-Urxencias Sanitarias foi quen de chegar ata ela e iniciar o seu traslado urxente dadas as lesións de carácter grave que presentaba.

Ademais, contaron coa axuda dos axentes da Garda Civil.