Unha muller foi rescatada da auga con síntomas de afogamento en Vilagarcía

Por o 04/11/2018 | Sección: Sucesos
Unha muller foi rescatada da auga con síntomas de afogamento en Vilagarcía

Unha muller foi localizada inconsciente e flotando na auga da Praia de Portugalete en Vilagarcía de Arousa.

Uns veciños chamaron ao 112 Galicia cando faltaban un minutos para a unha desta tarde para solicitar asistencia urxente para unha muller que estaban a sacar da auga con síntomas de afogamento. Decontado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisouse aos servizos sanitarios de urxencia, que trasladaron á muller ao centro hospitalario de referencia, e ao persoal de rescate de Salvamento Marítimo.

Por terra, tamén se sumaron outros medios como os axentes da Policía Nacional e Local, así como os membros do servizo local de emerxencias.

De momento, descoñécense as circunstancias nas que se produciu o suceso.

Comentar noticia

Your email address will not be published.