Unha muller foi rescatada tras esvarar nunha rochas próximas ao mar, en Oia

En concreto, a muller presentaba unha contusión na cadeira, polo que foi evacuada ao centro hospitalario de referencia para ser sometida a un recoñecemento médico.
Publicado por o día 05/08/2020 na sección de Galicia,Oia,Sucesos

Unha muller foi rescatada tras esvarar nunha rochas próximas ao mar, en Oia

Unha muller foi rescatada en Oia despois de esvarar nunhas rochas próximas ao mar na parroquia de Mougás.

A dificultade para acceder á ferida obrigou a intervir aos Bombeiros do Baixo Miño e aos membros do GES da Guarda, que sacaron á muller da zona e facilitaron a asistencia por parte do servizo sanitario.

En concreto, a muller presentaba unha contusión na cadeira, polo que foi evacuada ao centro hospitalario de referencia para ser sometida a un recoñecemento médico.

Todo ocorreu ás 11 desta mañá, cando o 112 Galicia tivo coñecemento do suceso a través dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. A partir de aí, activouse un operativo para o rescate da muller, no que tamén participaron os axentes da Garda Civil.

Comentar noticia

Your email address will not be published.