Unha muller foi trasladada inconsciente en helicóptero tras sufrir un atropelo en Muros

Publicado por o día 22/01/2021 na sección de Sucesos

Unha muller foi trasladada inconsciente en helicóptero tras sufrir un atropelo en Muros

O 112 Galicia tivo conta, sobre as 13:00 horas, dun atropelo a unha señora de avanzada idade na Avenida Castelo, no municipio coruñés de Muros.

Foi un particular quen se puxo en contacto co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia para informar do suceso. Nese mesmo momento, desde o 112 Galicia informouse aos servicios saniarios de urxencia, á Policía Local de Muros, ao Ges da mesma localidade e aos Bombeiros de Cee.

Debido ao estado inconsciente da persoa, os profesionais de Urxencias Sanitarios de Galicia-061 viron precisa a saída do helicóptero para facer o traslado da muller ao Hospital Clínico de Santiago.