Unha muller perde a vida na praia de Covas, en Viveiro, ao sufrir unha indisposición

Publicado por o día 05/08/2020 na sección de Galicia,Sucesos

Unha muller perde a vida na praia de Covas, en Viveiro, ao sufrir unha indisposición

Unha muller faleceu esta tarde despois de sufrir unha indisposición e esvaerse na beiramar da praia de Covas, en Viveiro.

Os feitos sucederon preto das 16:25 horas. Foi, nese momento, cando varias persoas particulares alertaron da situación da muller ao 112 Galicia.

Nada máis ter coñecemento do ocorrido, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Protección Civil e aos axentes da Policía Local e Nacional.

Malia aos esforzos do equipo médico desprazado ata o lugar do incidente, nada se puido facer por salvarlle a vida á muller.

Indisposición en Ares

Por outra banda, unha persoa foi trasladada esta tarde ao centro hospitalario de referencia despois de sufrir unha indisposición na Praia do Xuncal, no termo municipal coruñés de Ares.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 17:30 horas ao recibir a chamada de alerta dun particular. Segundo a información facilitada polo alertante, unha persoa necesitaba asistencia médica urxente nas proximidades do Parque Rosalía.

Deste xeito, desde o 112 púxose en marcha un operativo que contou coa intervención dos servizos sanitarios e dos axentes da Policía Nacional e Local.

Comentar noticia

Your email address will not be published.