Unha muller pide axuda ao seu fillo tras recibir malostratos do seu marido na zona de Coia

Publicado por o día 21/04/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Unha muller pide axuda ao seu fillo tras recibir malostratos do seu marido na zona de Coia

Unha muller demandou o auxilio do seu fillo que reside fóra desta Comunidade Autónoma o que motivou que este ante a imposibilidade de axudala a curto prazo, realizou unha chamada á Sala de Comunicacións do 092 da Policía Local de Vigo, no día de onte.

Ás 13:59 horas, tíñase coñecemento da problemática, trasladándose unha patrulla ao domicilio onde a muller reside na zona de Coia.

I. B. P, de Vigo e 70 anos de idade, recibiu aos axentes, relatándolles que vén sufrindo episodios de violencia de xénero toda a súa vida.

Chorando, e en notable estado de ansiedade, referiu que é insultada e sofre desprezos constantes por parte da súa parella durante todo o día.

Concretamente o día anterior, o apuntado suxeitáraa polo pescozo, axfisiandola ata case perder o coñecemento, ameazándoa de morte.

Tras isto, e unha vez o home abandonou o domicilio realizou a chamada de auxilio ao seu fillo, o que motivou a actuación policial, informando que desexaba interpoñer a correspondente denuncia polos feitos e finalizar ese calvario.

Os actuantes entrevistáronse co cónxuxe, M. M. N, de Vigo e 80 anos de idade, que recoñeceu discutir ocasionalmente coa súa parella, pero que nin a insultaba nin a agredila.

Agora ben, en atención ao testemuño da muller, os axentes procederon á súa detención pola comisión dun presunto delito de malos tratos, pasando de maneira inmediata a disposición xudicial.

Comentar noticia

Your email address will not be published.