Unha muller que manexaba un patinete eléctrico resultou ferida en Pontevedra ao chocar contra un turismo

Por o 08/01/2019 | Sección: Sucesos
Unha muller que manexaba un patinete eléctrico resultou ferida en Pontevedra ao chocar contra un turismo

O 112 Galicia tivo constancia neste mediodía dunha colisión entre un patinete eléctrico e un turismo en Pontevedra. O accidente, que tivo lugar á altura do número 18 da rúa do Padre Fernando Olmedo, deixou ferida á muller que conducía o patinete.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ao fío das 12:30 horas para dar conta do ocorrido. Acto seguido, os xestores do CIAE-112 puxeron os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local, de Protección Civil e dos Bombeiros de Pontevedra.

Comentar noticia

Your email address will not be published.