Unha muller queda semi inconsciente tras ser atropelada en Marín

Publicado por o día 05/10/2018 na sección de Sucesos

Unha muller queda semi inconsciente tras ser atropelada en Marín

Unha muller resultou ferida de consideración como consecuencia dun atropelo nun paso de peóns fronte ao Concello de Marín.

Un viandante atopou á muller tirada no chan e chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Foi ás 5:40 horas desta madrugada e ali acudiu unha dotación do servizos de urxencias sanitarias debido a que a muller quedou semi inconsciente como consecuencia do golpe.

Ademais, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención da Policía Local, xa que no lugar non foi localizado ningún vehículo. Pouco despois, os axentes de seguridade local deron coa condutora do turismo e puideron confirmar que se tratou dun atropelo.