Unha muller resulta ferida tras ser alcanzada por un tren de pasaxeiros en Coles

Publicado por o día 25/01/2021 na sección de Sucesos

Unha muller resulta ferida tras ser alcanzada por un tren de pasaxeiros en Coles

Pasadas as 10:00 horas da mañá, o 112 Galicia recibiu unha chamada do Centro de Seguridade de Adif para informar dunha muller que foi atropelada nas vías férreas de Ribela, no concello ourensán de Coles.

Xa que a persoa estaba ferida, inmediatamente, os xestores do Centro Integrado de Atención as Emerxencias de Galicia informaron aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes da Garda Civil, aos Bombeiros de Carballiño e aos membros do Ges de Pereiro e de Protección Civil de Coles.

Como consecuencia do suceso, o tren de pasaxeiros estivo parado no lugar durante un tempo, pero puido continuar a marcha, sen problema, unha vez os operarios da vía rescataron á muller.

Malia que, nun primeiro momento, os servizos sanitarios de urxencia mobilizaron o helicóptero medicalizado para o lugar, a persoa foi trasladada finalmente en ambulancia ata o Hospital Clínico de Ourense.