Unha muller resultou ferida esta tarde en Boiro ao saírse da vía o coche no que viaxaba á altura de Cespón, no termo municipal coruñés de Boiro. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a muller tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Boiro, en colaboración con Protección Civil, despois de quedar atrapada no interior do turismo accidentado.
O sinistro ocorreu na AC-305, ao fío das 12:30 horas. Foi nese momento cando unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do sucedido.
Nada máis recibir o aviso, os xestores do 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Boiro, de Protección Civil Boiro e do servizo de mantemento da estrada.
Unha vez liberada, a muller foi trasladada a un centro médico polos efectivos sanitarios nunha ambulancia.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.