Unha muller sufre unha indisposición na auga en Outes

Publicado por o día 08/07/2020 na sección de Galicia,Sucesos

Unha muller sufre unha indisposición na auga en Outes

Unha muller precisou asistencia sanitaria esta tarde despois de sufrir unha indisposición mentres se atopaba na auga na praia de Sarnela, no concello coruñés de Outes.

Para atendela, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou un helicóptero medicalizado ata o areal.

O 112 Galicia tivo coñecemento da situación da muller ás 17:45 horas, a través dunha persoa particular. Indicaba no seu relato que sacaran do mar á muller e a estaban reanimando en terra.

Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso ao servizo sanitario, á Policía Local, á Garda Civil, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e aos efectivos do GES de Muros.