Unha muller trasladada por inhalación de fume despois dun incendio nun piso en Ourense

Publicado por o día 25/02/2020 na sección de Galicia,Ourense,Sucesos

Unha muller trasladada por inhalación de fume despois dun incendio nun piso en Ourense

Unha muller precisou ser trasladada a un centro médico esta tarde ao presentar síntomas de intoxicación por inhalación de fume despois de declararse un incendio nun piso en Ourense. Os feitos sucederon na rúa de Leiras Pulpeiro e, segundo se lle indicou ao 112 Galicia, ardeu un colchón nunha das estancias da casa.

Foi unha persoa particular quen alertou ao 112 Galicia ao fío das 18:00 horas e, axiña, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia, aos Bombeiros de Ourense, á Policía Local e a Protección Civil.