A menor circulaba coa súa bicicleta pola parroquia de Dimo, cando un turismo a atropelou.
O 112 Galicia tivo constancia do suceso, ás 17:00 horas desta tarde, a través da chamada dun particular que presenciara o accidente.
Aínda que o alertante aseguraba que a nena estaba liberada e accesible, o 112 Galicia ademais de informar ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, puxo os feitos en coñecemento dos membros do GES de Padrón, de Protección Civil da localidade e dos Bombeiros de Vilagarcía. De igual xeito, foron informados os axentes da Garda Civil de Tráfico.
Finalmente, a menor foi trasladada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.
Menor en bicicleta ferido en Marín
Media hora antes, ás 16:30 horas, tamén o 112 Galicia recibiu o aviso doutro accidente de bicicleta no concello de Marín. Neste caso, tratouse dun menor que caeu da bici cando circulaba pola Avenida de la Cañota, á altura do número oito. O alertante aseguraba que o neno non reaccionaba.
O 112 Galicia informou decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aínda que foi o seu pai quen trasladou ao neno a un centro sanitario da localidade.
Os axentes da Policía Local, os Bombeiros de Pontevedra, do Morrazo e os efectivos de Protección Civil de Marín tamén foron informados do suceso polo 112 Galicia.
Noticias de última hora en Vigo