O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 00:30 horas de hoxe mediante a chamada de alerta dun particular que avisou dunha colisión entre dous turismos na A-55 en dirección sur, ao paso por Guillarei. Sinalou que un dos vehículo estaba envorcada e cabía a posibilidade de que houbese algunha persoa atrapada no interior.
Efectivamente, unha menor necesitou da intervención dos bombeiros do Baixo Miño para poder saír do vehículo e ser atendida polos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias desprazados no lugar do accidente.
Unha vez liberada, a menor foi evacuada nunha ambulancia, xunto con outra persoa implicada no sinistro, que tamén necesitou asistencia médica.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.