O accidente ocorreu esta mañá sobre as 11:30 horas. A nena, que manexaba a súa bicicleta, bateu contra o tractor que manobraba, nese momento, un familiar no mesmo recinto da súa propiedade privada, no lugar San Pedro, en Campo, no concello de Trazo.
Nada mais ter constancia do accidente, os servizos sanitarios de urxencia comunicaron ao 112 Galicia que unha ambulancia xa se desprazaba cara o lugar, polo que os xestores de emerxencias procederon a informar da situación aos axentes de Tráfico e da Policía Local. Do mesmo xeito, tamén puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Ordes.
Unha vez no punto, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, evacuou á menor e trasladárona ao centro hospitalario de referencia.
Noticias de última hora en Vigo