Unha nena, trasladada despois de ser atropelada por un autobús escolar en Vigo

Por o 03/10/2018 | Sección: Galicia,Vigo
Unha nena, trasladada despois de ser atropelada por un autobús escolar en Vigo

Unha nena resultou ferida esta tarde en Vigo ao ser atropelada por un autobús escolar. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a menor tivo que ser trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

O accidente sucedeu no Camiño do Caseiro, ao fío das 15:15 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do atropelo e indicaba que a nena se atopaba accesible.

Con estes datos, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local e dos Bombeiros de Vigo.

Unha vez no lugar dos feitos, os efectivos sanitarios atenderon e evacuaron á menor ao centro hospitalario.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, no momento do atropelo o autobús circulaba sen pasaxeiros.

Noticias de última hora en Vigo

Una respuesta para "Unha nena, trasladada despois de ser atropelada por un autobús escolar en Vigo"

  1. Tuyalosabes   05/10/2018 at 2:17

    A ver si nos enteramos bien de las noticias!!!!! No fue el 061 quien trasladó a la niña!! Fueron los de Rias

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.