Unha noite de praia, con Carlos Blanco e Touriñán no Teatro Afundación Vigo

As entradas están á venda en Ataquilla.com
Publicado por o día 27/08/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Unha noite de praia, con Carlos Blanco e Touriñán no Teatro Afundación Vigo

Despois do éxito na billeteira, regresa ao Teatro Afundación de Vigo a comedia máis hilarante dos dous grandes humoristas, Carlos Blanco e X. Touriñán. Unha noite na praia continúa de xira polos escenarios para facer rir a gargalladas coa historia de Klaus e Manuel, un sueco e un galego que se coñecen nun chiringuito de praia. As entradas para o espectáculo, o venres 6 de setembro, están á venda en Ataquilla.com.

Unha noite na praia é unha comedia de dous personaxes. Dous tipos moi distintos que coinciden á tardiña nunha praia fronte ao mar. Klaus e Manuel, un sueco e un galego, «que se parecen o mesmo que o restaurante do Ikea a un furancho de aldea».

Na praia non queda ninguén, só Manuel, que traballa no chiringuito, e Klaus, un turista que non se quere levantar da última hamaca que queda por recoller. Así arranca o conflito entre estes dous tipos: un quere marchar á súa casa a durmir, e o outro quere que lle poñan a última cervexa e un ombreiro para chorar as penas polo seu corazón roto.

As entradas están á venda en Ataquilla.com