Unha nova edición da Festa da Bicicleta para comezar o Día das Letras Galegas

Publicado por o día 16/05/2019 na sección de Galicia,Ribadumia

Unha nova edición da Festa da Bicicleta para comezar o Día das Letras Galegas

O Concello de Ribadumia informa de que este venres, 17 de maio, o municipio albergará diversas actividades para realizar durante este día festivo en toda Galicia.

A asociación Festeiros de Leiro e o Concello organizan a III Festa da Bicicleta, que dará comezo coa inscrición de participantes a partir das 10:30 horas na Praza do Concello. Os amantes dos velocípedes poderán achegarse e desfrutar dunha ruta que rematará coa entrega dos premios á bicicleta máis antiga, a familia máis numerosa, o/a participante máis novo/a e o/a máis lonxevo/a. Esta cita supón unha oportunidade perfecta para desfrutar do deporte ao aire libre, en familia ou cos amigos. Ademais, como cada ano a organización busca un itinerario accesible tanto para os máis pequenos como para as persoas con discapacidade. Será un percorrido circular duns 10 quilómetros cunha dificultade baixa, que permitirá desfrutar dun agradable paseo por diversos lugares de Ribadumia.

Despois pola tarde xa será o momento da Gala “Ribadumienses en prol do galego” onde será recoñecida a labor dun/a veciñ@ en prol da nosa lingua nai. O acto comezará as 20 hora no Auditorio de Ribadumia, e ó seu remate poderemos desfrutar da actuación de Luar na Lubre.