O Concello de Ribadumia informa que para conmemorar que o próximo 24 de outubro é o Día da Biblioteca, se teñen programadas diferentes actuacións de animación a lectura.
Así o próximo luns día 8 de outubro arrincamos con “Mundo máxico 3.0”, onde o Mago Pedro Bugarín traerá ilusión e maxía para grandes e pequenos, e fará que a imaxinación se dispare e poidamos retornar a fantasía. A función terá lugar as 17 horas na Casa de cultura de Ribadumia.
As seguintes datas serán o 15, 22 e 26 de outubro, e en cada unha un espectáculo diferentes amosará os máis pequenos, e non tan pequenos, que a través dos contos se poden vivir historias fantásticas.
Do mesmo rexeito recordar que a Biblioteca Francisco de Asís Fraga Castro “Cuco” dispón de zona de estudio, ordenadores para consulta, así como que conta cunha variada listaxe de libros dos que dispor, ós cales se van incorporando sempre as últimas publicacións.
Noticias de última hora en Vigo