Unha parella de aguias okupan un pombal privado e realizan un homicidio

Publicado por o día 30/10/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Unha parella de aguias okupan un pombal privado e realizan un homicidio

Sobre as 19:50 horas do día de onte, axentes da Policía Local da Sección O. M. I. R, desprazáronse á estrada de Casás a requirimento dunha muller, a cal manifestou que se introduciron dúas aves rapaces dentro do seu pombal.

No lugar, os axentes comprobaron que o habitáculo onde se atopaban as pombas tiña uns 50 metros cadrados por dous metros de alto, e que nel había dúas aguias. Tras ser capturadas, comprobouse que se trataba de dúas aguias rateiras comúns, e que deran morte a 15 pombas.

Posteriormente foron devoltas ao seu hábitat natural xa que estas estaban en perfecto estado. O alimento principal destas aves, son os mamíferos pequenos, sobre todo os ratos de campo, pero ademais comen aves na súa maioría novas, réptiles e tamén se lles pode ver camiñando por campos recentemente arados en busca de vermes e insectos.