Unha persoa resultou ferida de gravidade ao caerse mentres montaba a cabalo no termo municipal coruñés de Abegondo. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a persoa ferida tivo que ser trasladada no helicóptero medicalizado con base en Santiago do 061-Urxencias Sanitarias ata un centro hospitalario.
Sucedeu na parroquia de Figueroa, ao fío das 13:20 horas. Nese momento, foron os profesionais sanitarios os que alertaron do sucedido ao 112 Galicia.
Acto seguido, desde o 112 Galicia pasouse o aviso á Garda Civil, a Protección Civil e á Policía Local.
Noticias de última hora en Vigo