Unha persoa evacuada en helicóptero tras a colisión de dous camións na AP-9, en Teo

Unha colisión entre dous camións na AP-9, á altura do termo municipal coruñés de Teo, saldouse esta tarde cunha persoa ferida.  Segundo puido saber o 112 Galicia, a vítima tivo que ser evacuada nun helicóptero medicalizado do 061-Urxencias Sanitarias ata o Hospital Clínico Universitario de Santiago.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente de tráfico ás 14:30 horas, a través das chamadas de varias persoas particulares e do 061-Urxencias Sanitarias, que alertaban nun primeiro momento de que unha persoa estaba atrapada no interior dun dos vehículos implicados.

A partir de aí, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros de Boiro e de Santiago, do GES da Estrada, da Garda Civil de Tráfico, do servizo de mantemento da autoestrada e de Protección Civil de Teo.

Unha vez no lugar do sinistro, os servizos de emerxencia comprobaron que a persoa ferida se atopaba accesible, polo que descartaron empregar o material de excarceración.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a autoestrada permaneceu pechada ao tráfico no lugar do accidente ata as 17:50 horas,  momento en que a Garda Civil de Tráfico comunicaba ao 112 Galicia que as condicións de seguridade quedaran xa restablecidas na vía de circulación.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM