Unha persoa excarcerada despois de sufrir unha saída de vía co vehículo no que viaxaba nas Pontes de García Rodríguez

Publicado por o d√≠a 31/08/2019 na sección de Sucesos

Unha persoa excarcerada despois de sufrir unha saída de vía co vehículo no que viaxaba nas Pontes de García Rodríguez

Os servizos de emerxencia intervi√Īeron na tarde de hoxe para axudar a unha persoa que quedou atrapada dentro do seu veh√≠culo despois de sa√≠rse da v√≠a no concello coru√Ī√©s de As Pontes de Garc√≠a Rodr√≠guez.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o ferido foi excarcerado polos Bombeiros do Eume e trasladado en ambulancia ata o centro hospitalario de referencia.

Os feitos tiveron lugar pasadas as 16:30 horas da tarde de hoxe. Nese momento, os xestores do Centro Integrado de Atenci√≥n √°s Emerxencias recibiron a chamada dun particular que informaba dun accidente √° altura do lugar das Congostras, na parroquia de San Marti√Īo de Goente.

Ademais da intervención dos membros do Servizo de Extinción Prevención de Incendios e Salvamento, desde o 112 Galicia solicitouse tamén a colaboración dos profesionais de Urgencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía local.

Colisi√≥n m√ļltiple en Xermade

Por outra banda, á mesma hora, un accidente entre tres turismos saldouse cunha persoa ferida na LU-540, á altura do punto quilométrico 35, no concello lucense de Xermade.

De acordo coa información facilitada aos xestores do 112 Galicia, o ocupante dun dos vehículos necesitaba asistencia médica  por mor das lesións sufridas a causa do impacto.

Con estes datos, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasou aviso aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Vilalba, á Garda Civil, aos voluntarios de Protección civil e ao persoal de mantemento das estradas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.