Unha persoa excarcerada e outras tres feridas ao producirse unha colisión múltiple entre seis turismos en Vigo

Publicado por o día 25/01/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Unha persoa excarcerada e outras tres feridas ao producirse unha colisión múltiple entre seis turismos en Vigo

Un accidente múltiple, no que se viron implicados seis vehículos, saldouse con catro persoas feridas na Avenida de Alcalde Portanet, á altura do número 40, en Vigo. Unha delas tivo que ser excarcerada polos bombeiros ao quedar atrapada no interior dun dos turismos.

A colisión tivo lugar ás 10:15 horas da mañá de hoxe. Nese momento, o 112 Galicia recibiu a chamada de alerta de varios particulares que solicitaban axuda para os ocupantes dos vehículos implicados nun accidente parroquia de Santa María de Castrelos.

Decontado, desde o 112 púxose a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vigo e de Protección Civil da localidade.

Unha vez no punto, os servizos de emerxencia fixeron uso do material de excarceración para liberar a un dos feridos. Finalmente, as catro persoas foron evacuadas en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía, os xestores do 112 Galicia tamén solicitaron a intervención dos axentes da Policía Local.

Furgoneta envorcada en Porqueira

Por outra banda, a saída de vía dunha furgoneta en Porqueira, Ourense, rematou cunha persoa ferida tamén na mañá de hoxe.

Ás 12:00 horas, a chamada dun particular ao 112 Galicia avisaba dun accidente na estrada que une Xinzo a Bande, á altura do lugar de Faramontaos. Segundo a información facilitada pola testemuña do sinistro, o ocupante do vehículo atopábase liberado e accesible, aínda que podía necesitar asistencia sanitaria.

Con estes datos, os xestores do 112 Galicia pasaron aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Xinzo de Limia, aos membros do GES de Muíños e de Protección Civil da localidade, ademais dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Comentar noticia

Your email address will not be published.