Unha persoa excarcerada tras producirse unha colisión entre dous turismos en Ourense

Publicado por o día 02/03/2020 na sección de Galicia,Ourense

Unha persoa excarcerada tras producirse unha colisión entre dous turismos en Ourense

Unha colisión entre dous coches na N-120 rematou cunha persoa excarcerada polos bombeiros na mañá de hoxe.

Ás 09:00 horas, os xestores do 112 Galicia recibiron a aviso dun accidente á altura da parroquia de San Miguel de Canedo. Segundo a información facilitada ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias polos profesionais sanitarios, unha persoa necesitaba axuda para ser evacuada do vehículo.

Nada máis ter constancia do suceso, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Ourense e do Carballiño. Unha vez no punto, os membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento fixeron uso do material de excarceración para liberar á persoa ferida.

Co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía, tamén se pasou aviso aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, a Protección Civil de Ourense e ao servizo de mantemento das estradas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.