Unha persoa excarcerada tras unha colisión entre dous coches en Antas de Ulla

Un choque entre dous coches a pasada noite en antas de Ulla saldouse cunha persoa ferida. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a vítima tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Chantada, ao quedar atrapada no interior dun dos turismos implicados no accidente.

Sucedeu na estrada que une o Pazo de Vilane e o Castro de Amarante, ao fío das 21:45 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do ocorrido.

Acto seguido, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Chantada e do GES de Monterroso.

Accidente sen feridos

Por outra banda, ao fío das 6:40 horas desta madrugada, o 112 Galicia tivo constancia dun tren que bateu contra un turismo a cen metros do apeadeiro de Madeiro, en Cervo. No momento do impacto, o tren circulaba sen pasaxeiros e ningunha persoa se atopaba no interior do turismo accidentado.

Foi o persoal de Adif quen alertou dos feitos ao 112 Galicia e, decontado, dende o 112 Galicia se pasaba o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil, ao GES de Cervo, aos Bombeiros de Viveiro e a Protección Civil.

Unha vez no lugar do accidente, os servizos de emerxencia inspeccionaron o vehículo e revisaron a zona por se había vítimas e non atoparon a ningunha persoa.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, todo apunta a que tivo lugar unha saída de vía e o coche foi abandonado no lugar do accidente.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM