Unha persoa excarcerada tras unha colisión entre dous turismos na Cañiza

Publicado por o día 25/02/2020 na sección de Sucesos

Unha persoa excarcerada tras unha colisión entre dous turismos na Cañiza

Unha persoa resultou ferida a pasada noite nunha colisión na que se viron implicados dous coches na Cañiza. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a vítima foi excarcerada polos servizos de emerxencia ao quedar atrapada no interior dun dos vehículos implicados no sinistro.

O accidente produciuse na EP-5003, concretamente no punto quilométrico 3,200, ao fío das 7:00 horas.

Foi o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 quen alertou ao 112 Galicia e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros e GES de Ponteareas, aos Bombeiros de Vigo, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local. Ademais, interviñeron tamén os efectivos do GES de Ribadavia.

Dúas persoas trasladadas
Ademais, en Abegondo, dúas persoas precisaron asistencia médica despois de que o coche no que circulaban batese contra un establecemento na rúa Figueroa. Segundo puido saber o 112 Galicia, as dúas persoas feridas foron trasladadas ao Hospital Quirón.

O sinistro ocorreu ao redor das 4:00 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do sucedido.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia se puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Betanzos e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Persoa excarcerada na Coruña
Por outra banda, unha persoa tivo que ser excarcerada ao envorcar o turismo no que viaxaba na rúa de Javier López López, á altura do número 3.

Os feitos sucederon ao fío das 21:15 horas. Foron varias persoas particulares as que alertaron do ocorrido ao 112 Galicia.

Decontado, o persoal do CIAE 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros da Coruña, da Policía Local e de Protección Civil.

Comentar noticia

Your email address will not be published.