Unha persoa falece ao ser atropelada en Sada

Publicado por o día 17/01/2019 na sección de Sucesos

Unha persoa falece ao ser atropelada en Sada

Unha persoa perdeu a vida esta tarde ao ser atropelada no Polígono Industrial do Espírito Santo, en Sada. Concretamente, os feitos tiveron lugar no punto quilométrico 582 da N-VI, ao fío das 14:10 horas.

Nese momento, varias persoas particulares contactaban con 112 Galicia para alertar do atropelo. A partir de aí, os xestores do CIAE-112 Galicia pasaron o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Betanzos e a Protección Civil.

Unha vez no punto, os servizos de emerxencia tan só puideron confirmar o seu falecemento.

Comentar noticia

Your email address will not be published.