Unha persoa falece despois de colidir un camión e unha furgoneta en O Páramo

Publicado por o día 14/05/2020 na sección de Sucesos

Unha persoa falece despois de colidir un camión e unha furgoneta en O Páramo

Unha colisión entre un camión e unha furgoneta saldouse cunha persoa falecida no concello lucense do Páramo. Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Sarria, que excarceraron á persoa falecida e atrapada no interior do vehículo.

Eran as 15:15 horas desta tarde, cando unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para informar dun accidente entre un camión e unha furgoneta, na CG-2.2, ao redor do punto quilométrico 120, en Moscán. O alertante indicou que podía haber unha persoa atrapada.

Así, con estes datos, o 112 Galicia informou ademais de ao persoal sanitario, aos Bombeiros de Sarria e aos axentes de Tráfico. Así mesmo, requiriuse a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada.

Condutor atrapado en San Cibrao

Un home e único ocupante dun vehículo resultou ferido despois de sufrir un accidente cando circulaba pola OU-525, á altura da entrada do Polígono de Barreiros, en San Cibrao das Viñas. Foi necesaria a intervención dos Bombeiros para liberar ao ferido, que quedou atrapado no interior do vehículo.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do suceso, sobre as 14:15 horas deste mediodía, a través da chamada dunha persoa particular. Aseguraba que o home estaba ferido e que non podía saír do vehículo.

A partir de aí, os xestores do 112 pasaron aviso decontado aos persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que comunicaron que o coche caera por un barranco.  Do mesmo xeito, puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros  de San Cibrao e dos axentes de Tráfico, así como, dos membros do GES de Pereiro de Aguiar e de Protección Civil de Barbadás.

Debido ao impacto, un poste do alumeado resultou danado, polo que desde o 112 Galicia informouse da situación ao persoal da compañía de electricidade que abastece a zona.

Unha vez liberada a persoa, foi trasladada polos técnicos sanitarios ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Comentar noticia

Your email address will not be published.