Unha persoa falece despois de envorcar o tractor que manexaba nunha pista de monte en Val do Dubra

Por o 05/10/2018 | Sección: Sucesos
Unha persoa falece despois de envorcar o tractor que manexaba nunha pista de monte en Val do Dubra

Unha persoa perdeu a vida esta tarde en Val do Dubra ao caer do tractor no que circulaba. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o vehículo agrícola rematou envorcado nunha pista do monte da Devesa.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido ao fío das 15:15 horas, a través da alerta dun particular que indicaba na súa chamada que a persoa accidentada atopábase accesible.

Acto seguido, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou ata o lugar do accidente o helicóptero medicalizado con base en Santiago. Ademais, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso á Garda Civil e a Protección Civil.

Unha vez no punto, os efectivos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento da persoa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.