Unha persoa falece en Sanxenxo despois de saírse da vía co vehículo no que viaxaban

Publicado por o d√≠a 19/07/2020 na sección de Sucesos

Unha persoa falece en Sanxenxo despois de saírse da vía co vehículo no que viaxaban

Unha persoa faleceu esta madrugada no concello pontevedrés de Sanxenxo ao saírse da vía co seu vehículo. Foi necesaria a intervención dos servizos de emerxencia para liberar á vítima, que quedou atrapada no interior do turismo, debido ao impacto.

Todo ocorreu, pasados cinco minutos das 02:30 horas. Foi a esa hora cando o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular, que informaba dun accidente na estrada PO-308, ao seu paso polo lugar de Portonovo, na parroquia de Adina. O alertante indicaba que o coche estaba envorcado na cuneta e que, posiblemente, houbese unha persoa inconsciente e atrapada dentro do vehículo.

De inmediato, desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, debido á gravidade das feridas mobilizou unha ambulancia medicalizada ata o lugar. Tamén, foron  informados do sinistro os axentes da Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Ribadumia e os efectivos de Emerxencias de Sanxenxo.

Así mesmo, para recuperar as condicións de seguridade da vía informouse dos feitos ao persoal do servizo de mantemento da estrada.

Comentar noticia

Your email address will not be published.