Unha persoa falece no Irixo despois de colidir contra o muro dunha casa o coche no que viaxaba

Por o 04/02/2019 | Sección: Sucesos
Unha persoa falece no Irixo despois de colidir contra o muro dunha casa o coche no que viaxaba

Unha persoa perdeu a vida esta mañá no termo municipal ourensán do Irixo ao saírse da vía e bater contra o muro dunha casa o turismo no que viaxaba.

O accidente ocorreu no lugar de Guimarás, na estrada que une O Carballiño e O Irixo, ao redor das 11:15 horas. Nese momento unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do sinistro.

Acto seguido, o persoal do CIAE 112 Galicia requiriu a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou ata o punto ao helicóptero medicalizado con base en Ourense. Ademais, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia se pasou o aviso aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros do Carballiño que, unha vez no lugar do accidente, descartaron empregar o material de excarceración para liberar á vítima, xa que se atopaba accesible.

Pola súa banda, os efectivos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento da persoa accidentada.

Saída de vía

Ademais, en Redondela, unha persoa resultou ferida ao quedarse durmida mentres conducía e bater contra a bionda da N-552, no punto quilométrico 1,200 en sentido a Vigo, o coche no que circulaba.

Foi a propia persoa accidentada quen alertou dos feitos ao 112 Galicia e, decontado, os xestores do CIAE112 puxeron os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e de Protección Civil.

Comentar noticia

Your email address will not be published.