Unha persoa falece tras ser atropelada en Moaña

Publicado por o día 08/01/2018 na sección de Sucesos

Unha persoa falece tras ser atropelada en Moaña

Unha persoa faleceu esta tarde ao ser atropelada en Moaña, na PO-551, á altura do punto quilométrico 32.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través do aviso dun particular ao fío das 18:05 horas.

Nese momento, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaba o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros do Morrazo.

Unha vez no lugar do atropelo, o persoal sanitario tan só puido confirmar o falecemento da vítima.