Unha persoa faleceu e outra resultou ferida tras saírse da vía o vehículo no que viaxaban, en Lugo

Publicado por o d√≠a 22/06/2020 na sección de Galicia,Lugo,Sucesos

Unha persoa faleceu e outra resultou ferida tras saírse da vía o vehículo no que viaxaban, en Lugo

O 112 Galicia rexistrou esta ma√Ī√° un accidente mortal preto do Hospital de Lugo.

A alerta activouse ás 11:30 horas de hoxe tras varias chamadas de persoas particulares que advertían dun coche fóra da vía na entrada á cidade desde A Fonsagrada.

Ante a posibilidade de que houbese persoas atrapadas no interior do vehículo, o persoal do 112 Galicia avisou aos Bombeiros de Lugo, que, efectivamente, liberaron aos dous ocupantes do turismo, un deles falecido. Concretamente, tratouse da persoa que viaxaba no lugar do copiloto, mentres que o piloto sufriu lesións de diversa consideración, polo que foi evacuado nunha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao centro hospitalario de referencia.

No operativo tamén colaboraron os axentes da Policía Local e Garda Civil de Tráfico

Comentar noticia

Your email address will not be published.