Unha persoa faleceu e outras dúas resultaron feridas tras bater conta un poste o coche no que viaxaban en Sada

Publicado por o día 26/10/2018 na sección de Sucesos

Unha persoa perdeu a vida esta noite como consecuencia dun accidente rexistrado na parroquia de Osedo, en Sada.

No sinistro houbo outros dous feridos, concretamente, o condutor e un pasaxeiro que viaxaba na parte traseira do único turismo implicado.

Foi un veciño quen ao fio da medianoite se puxo en contacto co 112 Galicia para pedir axuda urxente para os tres ocupantes dun vehículo que se saíu da vía e bateu contra un poste no lugar de Seixeda. A causa do impacto, a persoa que viaxaba no asento do copiloto perdeu a vida e as outras dúas tiveron que ser evacuadas polo 061-Urxencias Sanitarias ao centro hospitalario de referencia.

Ademais, o persoa falecida que ía de acompañante quedou atrapada no interior do vehículo, polo que desde o 112 Galicia pediuse tamén a colaboración dos Bombeiros de Betanzos para a súa excarceración.

Igualmente, os axentes da Garda Civil de Tráfico, así como os membros do servizo local de Protección Civil apoiaron cos seus recursos este operativo.

Colisión múltiple en Vilaboa

Por outra banda, catro persoas resultaron feridas leves, entre eles menores, nunha colisión na que se viron implicados tres coches a pasada tarde en Vilaboa. Segundo puido saber o 112 Galicia, o accidente tivo lugar na intersección da N-550 coa N-554, ao fío das 19:50 horas. Unha dotación do 061-Urxencias Sanitarias xa estaba en camiño e desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil de Vilaboa e dos Bombeiros do Morrazo e de Pontevedra.