Unha persoa faleceu e outras sete resultaron afectadas por mor dun incendio declarado nun edificio en Vigo

📣 Publicado por el 10/09/2018 en la sección de Galicia - Sorteos - Vigo

Unha persoa faleceu e outras sete resultaron afectadas por mor dun incendio declarado nun edificio en Vigo

Unha persoa faleceu e outras sete necesitaron asistencia a causa dun incendio declarado no interior dunha vivenda situada na Avenida do Aeroporto en Vigo.

Foi ás 13:30 horas de hoxe cando un veciño decatouse do fume que saía pola fiestra do sétimo andar do número 35 e chamou ao 112 Galicia. Deseguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pediu a colaboración dos bombeiros da cidade, que enviaron ao punto varias dotacións, e aos profesionais sanitarios ante a posibilidade de que houbese persoas afectadas. De feito, no lugar do incendio, os efectivos do 061-Urxencias Sanitarias atenderon a sete veciños, dos cales un tivo que ser, finalmente, trasladado ao hospital. Ademais, localizaron á persoa falecida xunto cun can e dous animais domésticos.

Pola súa banda, os bombeiros procederon a desaloxar todo o edificio, xa que no interior do inmoble acumulouse moito fume ata o punto de afectar a algúns veciños. Do mesmo xeito, centráronse na extinción do incendio, que lograron controlar arredor das 14:30 horas da tarde e calcinou por completo un salón.

Nas labores de control e seguridade traballaron os axentes da Policía Local, que tamén foron alertados desde o 112.