Unha persoa faleceu en Monfero tras sufrir un accidente coa máquina agrícola que manexaba

Publicado por o día 03/01/2019 na sección de Sucesos

Unha persoa faleceu en Monfero tras sufrir un accidente coa máquina agrícola que manexaba

Unha persoa perdeu a vida tras sufrir un accidente mentres manexaba unha máquina agrícola na súa finca. A vivenda sitúase no lugar da Picheira, no concello coruñés de Monfero.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso mediante a chamada de alerta dunha persoa particular pasados uns minutos das 14:15 horas de hoxe. A partir dese momento, activouse un operativo no que participaron os profesionais sanitarios de urxencias, os Bombeiros de Eume e a Garda Civil da localidade.

Unha vez no lugar do accidente, os equipos de salvamento confirmaron que a vítima encontrábase accesible, polo que non foi necesario o uso de material de excarceración, pero nada puideron facer por salvarlle a vida.