Unha persoa faleceu en Verín ao bater contra un poste

Publicado por o día 16/01/2021 na sección de Sucesos

O 112 Galicia tivo coñecemento dun accidente de tráfico en Verín que rematou cunha persoa falecida na coñecida como recta de Tamaguelos.

Moi preto das dúas desta madrugada, os servizos sanitarios de urxencia solicitaban ao 112 Galicia a colaboración dos bombeiros para un accidente na N-532, punto quilométrico 8, en Verín.

Indicaban que un coche batera contra un poste eléctrico. Aseguraban que unha ambulancia acabada de atopar un vehículo que sufrira unha saída de vía cunha persoa atrapada no interior do turismo.

Con este datos, desde Emerxencias Galicia informouse aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Verín, que, unha vez no lugar do accidente, confirmaron a excarceración da persoa falecida e única ocupante do vehículo.

Debido ao impacto, un poste do subministro eléctrico resultou afectado, polo que desde os xestores do 112 Galicia informaron da situación ao persoal da compañía xestora que abastece a zona.