Falece unha persoa e outra resulta ferida de consideración tras chocar dous vehículos en Xinzo de Limia.
O accidente ocorreu pasados uns minutos das 19:30 horas deste mércores. A esa hora, unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que acababa de ocorrer un accidente entre dous coches que circulaban pola N-525, á altura do Instituto de Xinzo, dirección Ourense. Segundo o alertante, había persoas feridas e todas accesibles.
Con estes datos, os profesionais do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaron aviso decontado ao 061-Urxencias Sanitarias e á Policía Local. Do mesmo xeito, informaron dos feitos aos Bombeiros de Xinzo e aos efectivos de Protección Civil.
Finalmente, unha vez no lugar, os efectivos de Protección Civil confirmaron ao 112 Galicia o falecemento dunha das persoas. Ademais, aseguraron que no accidente, outra persoa resultara ferida de gravidade.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.