Unha persoa, ferida ao desplomarse o teito dunha cafetería en Vigo

Publicado por o día 01/09/2018 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Unha persoa, ferida ao desplomarse o teito dunha cafetería en Vigo

O cliente dunha cafetería do centro de Vigo resultou ferido despois de desplomarse o teito do establecemento.

Sucedeu ás 23:30 horas de onte na Avenida Rosalía de Castro, 50, segundo indicaron as persoas que estaban no interior da cafetería e chamaron ao 112 Galicia sorprendidas pola caída do teito. Decontado, informouse ás forzas da orde e aos servizos sanitarios de urxencia, que, finalmente, trasladaron ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo a unha persoa que presentaba diversas lesións.