Unha persoa ferida ao envorcar o coche no que viaxaba en Cuntis

Publicado por o día 23/08/2020 na sección de Sucesos

Unha persoa ferida ao envorcar o coche no que viaxaba en Cuntis

Unha persoa foi trasladada ao Hospital Montecelo debido ás lesións provocadas nunha saída de vía cando circulaba pola N-640, pola recta coñecida como da Anllada, en Cuntis.

Malia que o único ocupante estaba liberado, foi necesaria a intervención dos servizos de rescate, xa que, o vehículo quedou apoiado sobre un lateral o que imposibilitaba a atención da persoa ferida.

O sinistro produciuse pouco despois das cinco desta tarde, cando varias persoas contactaban co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para dar conta da situación e pedir axuda para o condutor.

De contado, os xestores de emerxencias alertaron do sucedido a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos membros do GES da Estrada, que tiveron que botar man do material de excarceración para estabilizar o vehículo e poder rescatar ao ocupante.

Ademais, solicitouse a intervención e dos axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil da vila co fin de prestar a súa colaboración neste operativo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.