Unha persoa ferida tras ser atropelada en Rianxo

Por o 14/01/2018 | Sección: Sucesos
Unha persoa ferida tras ser atropelada en Rianxo
Compartir en:

Unha persoa resultou ferida esta tarde despois de ser atropelada no termo municipal coruñés de Rianxo. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a vítima tivo que ser trasladada ata un centro hospitalario.

Os feitos producíronse na DP-7202, concretamente no punto quilométrico 3, na parroquia de Asados. O 112 Galicia tivo constancia do atropelo ás 17:00 horas, a través do aviso do 061-Urxencias Sanitarias.

Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaba o aviso á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e aos Bombeiros de Boiro.

Atropelo a un neno
Ademais, en Ribeira, un atropelo saldouse cun neno ferido. Os feitos ocorreron ás 18:10 horas, á altura do número 120 da Avenida da Coruña.

Foi a esa hora cando un particular alertaba dos feitos ao 112 Galicia. De inmediato, dende o CIAE informouse do sucedido ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, aos Bombeiros de Ribeira e a Protección Civil.